Espertarse co son dos
paxaros, alegría, tenda de campaña, furgo, café, amencer, boa sesión de ondas,
atardeceres, momentos máxicos, comidas e birras, campionatos, música, postas de
sol, amigos, surf e bodyboard, mosquitos e arañas, historietas, o vento, xa
sexa Norte, Sur, Leste ou Oeste, chiringuito, gaivotas colloneras, esperas pola
marea á sombra de verdadeiros piñeiros, e un sen fin de vivencias nun auténtico
paraíso. Unha realidade elevada á máxima potencia desvanecida por uns
desalmados dos que non merece a pena falar. O KARMA condicionaraos polos seus
actos.
Dende o Castro de
Baroña até o piñeiral de A Coviña na praia de Río Sieira, non só se queimou o
monte, queimouse unha importante parte das nosas vidas.
Amigos que loitaron man
a man coas chamas mandan fotos. Vexo máis fotos de coñecidos en internet, na
prensa e demais medios de comunicación. ¿Que sentes?. Do mesmo xeito que eu,
supoño que tristeza, moita tristeza; o corazón roto en miles de pedazos que se
moven sen sentido coma se fosen as cunchas esparexidas polas beiras das súas
praias co movemento das ondas.
Levará o seu tempo,
pero os que a amamos confiamos “Nela”. Sabemos que a Natureza é forte e bela.
Crecerá para devolvernos o momento no que nós e os nosos fillos gocemos de novo
desta preciosa paisaxe.
Foton,por lo demas sin palabras.....
ResponderEliminarLa verdad es que es una auténtica pena Rubén, el otro día estuve en Río Sieira y daban ganas de llorar.
EliminarEl día de esa foto fue genial en el pinar de Río, olaZas!!!
Gracias por el coment!!! Abrazo bro!!